Xaneiro 2023

Xa dispoñible a primeira fase dos premios ETIV-UVIGO!

Nesta fase de votación pública, que vai da man dos premios DoblajeVideojuegos, poderase votar aos títulos favoritos do ano. Cun só rexistro pódese acceder a votar en ambos os premios, podendo cambiar entre eles no menú superior.

Vota

Para os premios ETIV-UVIGO, pódese votar a tres xogos en cada categoría (3, 2 e 1 puntos). As categorías Mellor localización con dobraxe, Mellor localización sen dobraxe e Mellor localización indie teñen menús despregables con opcións, dentro das bases de datos de lanzamentos do ano 2022. As categorías de Mellor xogo en galego, Mellor xogo en catalán, Mellor xogo en éuscaro e Xogo máis accesible admítense recomendacións libres por parte dos usuarios.

Destacar que NON é obrigatorio votar en todas as categorías ou votar tres xogos nelas. Contabilizaranse todos os votos emitidos, aínda que non sexan completos. De aquí, sairán 10 xogos nomeados que pasarán á segunda fase