Categorías
Mellor traballo de investigación Manolo Ramos
Categoría creada en 2024 para recoñecer o labor do persoal docente e investigador en relación coa localización de videoxogos, así como para fomentar liñas de investigación futuras.
PDF en galego da convocatoria
PDF en inglés da convocatoria
Mellor localización de xogo con dobraxe
Nesta categoría entran todos os xogos que conten cunha localización completa que inclúa dobraxe.
Mellor localización de xogo sen dobraxe
Nesta categoría entran os xogos que conten cunha localización parcial na que a dobraxe estea dispoñible noutra lingua ou, simplemente, que non teñan dobraxe.
Mellor localización de xogo indie
Nesta categoría entran os xogos de estudios de desenvolvemento medianos ou pequenos.
Xogo máis accesible
Nesta categoría prémiase a accesibilidade para facilitarlle a experiencia de xogo ao máximo de persoas xogadoras posibles (persoas con deficiencias auditivas e/ou visuais, persoas con limitacións físicas, etcétera).
Mellor xogo en galego
Nesta categoría prémiase ao mellor xogo en lingua galega, xa sexa mediante tradución ou escritura directa do estudio de desenvolvemento.
Mellor xogo en catalán
Nesta categoría prémiase ao mellor xogo en lingua catalá, xa sexa mediante tradución ou escritura directa do estudio de desenvolvemento.
Mellor xogo en éuscaro
Nesta categoría prémiase ao mellor xogo en lingua éuscara, xa sexa mediante tradución ou escritura directa do estudio de desenvolvemento.